| Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo.
(Desde abril de 2020.) |
O aparello fonador ou aparello vocal consiste no conxunto de órganos da fala e os músculos que os accionan. A súa función está sobreposta ás actividades fisiolóxicas primarias (respirar, comer), polo que, en esencia, non se pode falar de "aparello fonador": certos órganos resultaron evolutivamente útiles á produción dos sons da linguaxe, pero na fala interveñen tamén o cerebro, o sistema nervioso e os órganos da audición.
Órganos
O aparello fonador está composto por tres grupos de órganos diferenciados:
- Órganos de respiración (cavidades infraglóticas: pulmóns, bronquios e traquea).
- Órganos de fonación (cavidades glóticas: larinxe, cordas vogais e resoadores -nasal, bucal e farínxeo-).
- Órganos de articulación (cavidade supraglótica: padal, lingua, dentes, beizos e glote) .
Ademais, o correcto funcionamento do aparello fonador contrólao o sistema nervioso central. Especificamente, sábese que o control da fala se realiza na área de Broca, situada no hemisferio esquerdo do córtex cerebral.
Véxase tamén
Outros artigos