Antón Paz Blanco, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de agosto de 1976, é un regatista galego, campión mundial e olímpico da clase tornado.
Traxectoria
Competiu no Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella na clase tornado con Fernando Echavarri, proclamándose campións de España en tres ocasións (2000, 2001 e 2003).[1] Nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 conseguiu un diploma olímpico ao rematar oitavo xunto a Echavarri na clase tornado. Gañou o Campionato Mundial de Tornado en 2005 e 2007 e o Campionato Europeo de 2005, ademais de quedar cuarto no campionato do mundo da clase Tiger en 2005.[2][3] En 2008 conquistou o ouro da clase tornado nos Xogos Olímpicos de Pequín.[2]
Cando a clase tornado deixou de ser olímpica comezou a competir xunto a seu irmán Carlos na clase 49er,[4] conseguindo a prata na Final da Copa do Mundo de 2014 celebrada en Abu Zabi.[5] Ademais capitaneou con Carlos o barco Vilagarcía da clase Platu 25, logrando o bronce mundial en 2007, o ouro en 2008 e a prata en 2012.[6][3]
En 2016 deixou as categorías olímpicas pasando a adestrarse con catamaráns da Clase A.[7] En 2020 proclamouse subcampión de España desta clase en Murcia.[8]
Ademais exerce como adestrador doutros regatistas e asistiu aos Xogos Olímpicos de 2016 como adestrador do equipo grego de Nacra 17.[9][10]
Principais títulos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas