Antón Masa Vázquez, nado o 18 de agosto de 1950 en Santiago de Compostela, é un ecoloxista e biólogo, presidente da Asociación Pola Defensa da Ría.
Traxectoria
Nado en Santiago nunha familia numerosa, oito irmáns, realizou alí todos os seus estudos. Na universidade desta cidade iniciou a carreira de Bioloxía en 1967. Viviu as mobilizacións estudantís daqueles anos, iniciándose na militancia política e no activismo social. Militou na Mocidade Galega Revolucionaria e en movementos antimilitaristas.[1] Finalizados os estudos foi a vivir a Pontevedra, onde comezou a traballar na Misión Biolóxica de Galicia. No ano 1987 participou na fundación da Asociación Pola Defensa da Ría, organización que pasou a presidir en 1997.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas