Antón Garrote Esteve, nado na Coruña o 17 de agosto de 1972, é un ex-regatista e adestrador de vela galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1996.
Traxectoria
Nacido na Coruña, a curta idade trasladouse coa súa familia a Barcelona.[1] Comezou a practicar vela de neno, entrando aos 11 anos no Club Náutico El Masnou. Con 23 anos logrou unha praza para participar nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, onde participou na clase laser. Rematou a competición olímpica no posto 22, sendo a medalla de ouro para o brasileiro Robert Scheidt.[2]
Tras deixar as competicións, converteuse en adestrador. Preparou os equipos da clase laser de Noruega nos Xogos Olímpicos de 2016 e 2020. Nos Xogos de Toquio, un dos seus pupilos, Hermann Tomasgaard, conseguiu a medalla de bronce.[3]
Notas