Antón Fernández Escuredo, coñecido como Riobó Prada, nado en Buenos Aires en 1967, é un xornalista e fotógrafo galego.
Traxectoria
Fillo de emigrantes galegos na Arxentina. Viviu en Cataluña,[1] onde participou de maneira activa no activismo asociativo e radiofónico. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Barcelona. Comezou a súa andaina nas ondas como colaborador no programa Galicia algo máis, Radio Sants-Montjuïch, dirixido por Moncha Prieto, quen, ao mudarse a Galicia, deixou a emisión ao cargo de Xosé M. Sancho e Antón F. Escuredo. Despois dunha pausa, entre 2001 e 2003, Escuredo, xa como director único do programa, relanzou a emisión desde Sants3Ràdio.[2] Escuredo é un dos fundadores da rede de emisións galegas en Cataluña Ergac e desde esta asociación ideou e dirixiu a primeira xeira do boletín A Micro Pechado.
Como xornalista, traballou como subdirector da revista A Peneira e en Edicións Alen-Miño. Tamén foi redactor de Sermos Galiza[3] e colaborador ocasional de Praza.gal[4] ou da catalá VilaWeb.[5] Impulsor da canle Nós Televisión, fai parte da redacción do Nós Diario.
Notas