Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A antracose ou tise dos mineiros[1] é unha lesión pulmonar caracterizada pola pigmentación por partículas de carbón, observada en mineiros, poboacións de grandes núcleos urbanos ou zonas contaminadas, ademais de fumadores. A súa evolución pode dar lugar a graves trastornos pulmonares, sobre todo nos profesionais que entran constantemente en contacto co pode carbón. As partículas de carbón permanecen no tecido pulmonar ou nos ganglios linfáticos de por vida, pero cando son excesivas, poden causar fibrose pulmonar.
Macroscopia
Nunha análise macroscópica obsérvase un pulmón con aspecto ennegrecido ou piltagado, con máis afectación das partes ventrais dos lobos que as dorsais, afectando tamén os linfonodos rexionais.
Microscopia
Na análise microscópica, as partículas verifícanse como pigmento negro, libre ou fagocitado, moi fino e non refrinxente.