O Antonov An-32 (designación OTAN: Cline) é un avión bimotor turbohélice utilizado como transporte militar. O An-32 ten excelentes características de engalaxe en condicións quentes e altas, e é axeitado para ser utilizado como transporte táctico medio e tamén para roles comerciais.
Deseño e desenvolvemento
O An-32 é esencialmente un An-26 remotorizado. Está deseñado para resistir mellor que o seu antecesor as condicións meteorolóxicas adversas. O An-32 anunciouse no Paris Air Show en maio de 1977, e distinguíase do An-26 por ter os motores elevados 1,5 m sobre a á co obxectivo de evitar danos producidos por obxectos estraños en pistas non preparadas.
O tipo conta con ás altas con slats no bordo de ataque automáticos, grandes flaps de tres rañuras, unha deriva agrandada, e un considerable aumento en potencia, conseguindo un mellor rendemento nas engalaxes e un maior teito de servizo. A situación alta dos motores sobre as ás perme hélices de maior diámetro, impulsadas por motores turbohélice Ivchenko AI-20 de 5 100 cabalos, case odobre de potencia que os motores AI-24 do Antonov An-26.[1][2]
A produción na fábrica de avións do goberno en Kyiv incluíu 123 aparellos para a Forza Aérea da India, que mercou o modelo debido ás fortes relacións entre o entón líder da URSS, Leonid Brezhnev, e a líder da India, Indira Gandhi.[1][2]
A meirande parte da produción foi para as forzas aéreas de Rusia e Ucraína, sendo fabricados uns 40 avións por ano entre finais dos 80 e principios dos 90.[1] O prezo estimado dun An-32 modernizado e duns 15 millóns de dólares.[2]
Notas