Antonio Vázquez Palacios, nado na Guarda, foi un farmacéutico e xornalista galego.
Traxectoria
Fillo do farmacéutico Benito Vázquez Vázquez e Amelia Palacios, irmá de Antonio Palacios. Marchou a Montevideo e foi redactor de Terra. Retornado a Galicia en 1924,[1] estudou farmacia. Abriu unha farmacia en Oia en 1934.[2] Coa morte do pai en 1943, fíxose cargo da súa farmacia na Guarda. Foi Inspector Farmacéutico da Guarda.
Vida persoal
Casou en 1935.[3]
Notas
- ↑ La Integridad, 6-8-1924, p. 1.
- ↑ Tribuna, 6-5-1934, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-4-1935, p. 11.
Véxase tamén
Ligazóns externas