Antonia de la Torre Martínez, nada en Porto do Son o 21 de maio de 1894[1] e finada en Noia en 1969, foi unha mestra galega.[2]
Traxectoria
Estudou no Colexio das Orfas en Santiago de Compostela e cursou a carreira de Maxisterio por libre. Tras aprobar as oposicións foi destinada a escola de Fruíme, onde desenvolveu a súa vida profesional.[3]
A pesar das dificultades da contorna e da época na que viviu conseguiu desenvolver un ambicioso programa educativo, sen esquecer a proxección social da escola.[4] Tiña unha ampla formación cultural, entre as súas afeccións destaca a poesía e a recopilazón de material etnográfico sendo unha das persoas que axudaron neste labor ao antropólogo Carmelo Lisón Tolosana.[4] Tamén impartiu conferencias e cursos de formación ao profesorado da zona.[4]
Foi unha muller solidaria que axudou as persoas fuxidas por ter relación coa República.[5]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía