Anton Ewald é un cantante e bailarín sueco. El participou en varias ocasións no célebre Melodifestivalen como cantante e tamén como bailarín noutras actuacións.
Carreira
Ewald comezou a súa carreira como bailarín no Melodifestivalen. No Melodifestivalen 2009, el danzou para Velvet cando ela competía na terceira semifinal en Leksand coa canción "The Queen".[1][2] No Melodifestivalen 2012 el foi o bailarín e coreógrafo de Danny Saucedo coa canción "Amazing".
Participou como cantante no Melodifestivalen 2013, o proceso para escoller o representante de Suecia no Festival de Eurovisión coa canción "Begging" escrita por Fredrik Kempe e Anton Malmberg Hård af Segerstad.[3] Após a semifinal o 9 de febreiro de 2013, el quedou terceiro e foi escollido para a rolda de Segunda oportunidade no Löfbergs Lila Arena en Karlstad.[4]
Na Segunda oportunidade do 2 de marzo de 2013, el se clasificaba para a final no Friends Arena o 9 de marzo após o duelo final con Behrang Miri e a súa canción "Jalla Dansa Sawa".[5] Ewald foi un dos douse elixidos da Segunda oportunidade que pasaba á final, o outro elixido era Robin Stjernberg coa canción "You".[4]
Na final do Melodifestivalen 2013 o 9 de marzo do 2013, Ewald rematou cuarto.[4] Após o Melodifestivalen el lanzou dous sinxelos, "Begging" e "Can't Hold Back" e dous EPs, A e A-coustic.
Anton participou unha vez máis no Melodifestivalen 2014 coa canción "Natural" na cuarta e última semifinal o 22 de febreiro.[6] El actuou tamén na final onde quedou nunha décima posición.
Discografía
EPs
Sinxelos
Ano
|
Título
|
Posición nas listas
|
SUE [9]
|
DIN
|
TUR
|
2013
|
"Begging"
|
2
|
—
|
87
|
2013
|
"Can't Hold Back"
|
—
|
—
|
144
|
2013
|
"Close Up"
|
—
|
—
|
—
|
2014
|
"Natural"
|
24
|
—
|
95
|
2014
|
"This Could Be Something" feat. Medina
|
21
|
90
|
—
|
Notas