Antics é o segundo álbum da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 27 de setembro do 2004 a través do selo Matador Records. Aínda que máis maduro que o seu predecesor, Turn on the Bright Lights, repite a súa mesma fórmula con arranxos escasos dirixidos polo marcado son do baixo e unha forte batería, e con intricadas liñas de guitarra que lembran a The Chameleons. Musicalmente é máis brillante que o seu predecesor.
O álbum foi reeditado en agosto do 2005 nos Estados Unidos, cun segundo disco que contén catro remesturas, unha cara-B e os vídeos dos tres sinxelos.
O disco foi elixido pola publicación Pitchfork Media o 27 mellor álbum do ano 2004[1].
Listaxe de cancións
Todos os temas compostos por Interpol.
- "Next Exit" – 3:20
- "Evil" – 3:35
- "NARC" – 4:07
- "Take You on a Cruise" – 4:54
- "Slow Hands" – 3:04
- "Not Even Jail" – 5:46
- "Public Pervert" – 4:40
- "C'mere" – 3:11
- "Length of Love" – 4:06
- "A Time to Be So Small" – 4:50
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Sinxelos | |
---|