Antón Silva, coñecido como Pardal, nado no Seixo, foi un fotógrafo galego.
Traxectoria
Durante a Guerra Civil foi recrutado polo bando franquista, aínda que finalmente optou por pasar á zona republicana. Dedicábase á fotografía, polo que durante os días na fronte fotografou moitas escenas de guerra. Perseguido polos franquistas fuxiu da fronte e pasou a Francia, logo a República Dominicana. Chegou a Cuba en 1942, permaneceu na illa dedicándose á pesca e pasando a formar parte do grupo de pescadores galegos que se asentaban nos barrios habaneros de Regla e Casablanca. Era coñecido por ter moitas profesións: reloxeiro, mecánico, fundidor, músico.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas