Angry Inuk é un filme documental canadense de 2016 escrito e dirixido por Alethea Arnaquq-Baril. O documental defende o dereito á caza de focas dos inuit, o cal lles permite manterse a si mesmos.
No filme aparecen Arnaquq-Baril, así como Aaju Peter, unha activista, avogada e deseñadora de roupa con pel de foca que depende da venda de peles para sobrevivir. Parcialmente rodado na comunidade de Iqaluit, así como Kimmirut e Pangnirtung, o filme conta como Peter e outros inuit viaxan a Europa nun esforzo por eliminar a prohibición de venda de produtos de foca. O filme tamén critica organizacións como Greenpeace ou International Fund for Animal Welfare por ignorar as necesidades e a vulnerabilidade das comunidades que dependen da caza de foca para sobrevivir.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas