Angorén é un barrio de Chapela que se estende dende o barrio de Laredo, ata o Alto da Encarnación, onde se atopa un cruceiro, e antes había unha capela, chamada "Do Frade", e tamén un cemiterio. Máis arriba, cara San Vicente, atópase o barrio de Riofrio, onde se atopan os restos do que foi o Condado de Riofrio do Marqués de Santillana, cuxo escudo estaba no paredón que quedaba do antigo pazo. Cando caeu o escudo, foi recollido por José Pérez Presa, que é o dono de todo que foi aquela propiedade.[Cómpre referencia]
No barrio de Angorén, atópase a empresa Pescanova. Tamén está en Angorén a Empresa Frioya, moi importante en conxelados; e a Empresa Hermasa de construción de maquinaria.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
Lugares de Chapela
Parroquias de Redondela