Angela White, nada en Sidney o 4 de marzo de 1985, é unha actriz e directora de cinema porno australiana. En 2020 converteuse na primeira lograr a mención á mellor artista feminina da AVN tres veces.
Traxectoria
Empezou na industria no porno con Score en 2003[1] e gravou a súa primeira escena xusto despois de facer 18 anos de idade. En 2007 recibiu o título de modelo voluptuosa do ano de Score e tamén debutou na televisión, ao aparecer en catro episodios da serie de comedia australiana Pizza[2] e nese ano matriculouse na Universidade de Melbourne para realizar estudos de xénero no que se graduou en 2010[3] cunha tesiña sobre as experiencias das mulleres na industria pornográfica australiana.[4] que se publicou en 2017 como o capítulo "The Porn Performer" da obra The Routledge Companion to Media, Sex and Sexuality.[5].
En 2010 foi candidata polo Partido do Sexo Australiano nas eleccións do estado de Victoria [3] e centrou a súa campaña na defensa dos dereitos dos traballadores do sexo[6].
Ata o ano 2011 só participou en escenas con mulleres[7] e foi nese ano no que realizou a súa primeira escena cun home para o DVD Angela White Finally Fucks[1] o que relanzou a súa carreira. En outubro de 2014 asinou un contrato de distribución con Girlfriends Films para a realización de películas, a primeira foi, Angela e a relación rematou cando en 2016 se trasladou aos Estados Unidos e asinou con Spiegler Girls para filmar con Brazzers, Naughty America e Jules Jordan[8].
En xaneiro de 2018 presentou a 35ª entrega dos premios AVN en Las Vegas, xunto co comediante Aries Spears e a estrela de webcam Harli Lotts. Nesa mesma gala White entrou no Salón da Fama da AVN e foi recoñecida como artista feminina da AVN de 2018[9]. Na 36ª gala da AVN de 2019 de novo recoñecérona como a artista feminina do ano, con Tori Black, a única en ser recoñecida dúas veces. En xaneiro de 2020, na 37º gala da AVN outra volta volveu ser recoñecida por terceiro ano consecutivo mellor artista feminina do ano, a única que tivo esa mención tres veces e ademais gañou o premio á mellor actriz. Xunto con Ashlyn Gere e Hillary Scott son as únicas en conseguir a mención da mellor artista feminina e mais o premio á mellor actriz o mesmo ano.
Dende 2013 dirixiu máis de 130 películas[10], moitas protagonizadas por ela e baixo o selo da súa propia produtora AGW Entertainment. Ademais tamén é modelo de cámara web[11].
Filmografía
- 2014 – Angela
- 2015 – Angela Loves Women
- 2015 – Angela Loves Men
- 2015 – Angela Loves Threesomes'
- 2015 – Angela 2
- 2016 – Angela Loves Gonzo
- 2016 – Angela Loves Women 2
- 2016 – Angela Loves Men 2
- 2017 – Angela Loves Women 3
- 2017 – Angela Loves Threesomes 2
- 2017 – Angela Loves Anal
- 2017 – Angela 3
- 2017 – Angela White Is Titwoman (Elegant Angel)
- 2018 – Angela Loves Women 4
- 2018 – Angela Loves Anal 2
- 2018 – Angela By Darkko (Evil Angel)
- 2018 – I Am Angela (Evil Angel)
- 2019 – Angela Loves Women 5
- 2019 – Angela White: Dark Side (Jules Jordan)
- 2019 – Drive (Deeper)
- 2019 – Perspective (Adult Time)
Notas