Andrés Valín Salvador

Modelo:BiografíaAndrés Valín Salvador
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1899 Editar o valor en Wikidata (125 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Andrés Valín Salvador, nado en Lugo o 13 de marzo de 1899,[1] foi un político galego.

Traxectoria

Florencio Delgado, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro e Elixio Rodríguez a bordo do Ipanema.

Emigrado a Cataluña, na República foi elixido vogal da directiva do Centro Cultural Gallego de Barcelona en 1932;[2] foi membro do Grupo Galeguista de Barcelona e en xuño de 1936 foi tesoureiro do Comité Gallego Pro Autonomía.[3] Durante a guerra traballou no Servizo de Información Especial Periférico (SIEP) ás ordes do coronel Manuel Estrada Manchón. Foi xefe da Sección de Evadidos Galegos da Subsecretaría de Propaganda da Generalitat. Ao rematar a guerra abandonou Barcelona e pasou a Francia. Foi internado no campo de concentración de Barcarès. Exiliouse en México, viaxou no Ipanema e chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. En México foi o administrador da revista Saudade e dirixente da Irmandade Galeguista na capital federal. Participou nas actividades políticas dos galeguistas exiliados en México e formou parte do Consello Executivo do Padroado da Cultura Galega de México, do que foi tesoureiro en 1953.

Notas

  1. La Idea moderna, 14-3-1899, p. 3.
  2. La Vanguardia, 23-8-1932, p. 6.
  3. La Vanguardia, 5-6-1936, p. 10.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!