Andrés Celestino Balsas Vello, nado en Camariñas cara a 1912 e finado na Guarda o 23 de setembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
Veciño da Ponte do Porto. Secretario do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu por mar a Portugal con Ramón Carballo Tajes e Manuel Carracedo Balsa. Alí foron detidos pola policía e entregados pola PIDE aos franquistas en Tui. Foi paseado o 23 de setembro de 1936 e o seu cadáver apareceu co de Manuel Carracedo nas inmediacións do cemiterio da Guarda[1].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas