Andrea C. Faria, nada no Porto en 1984, é unha poeta portuguesa, galardoada co Premio de Autores 2018 e o Premio Literario da Fundación Inês de Castro 2019[1] e o Premio PEN Clube Português 2022 .[2]
En 2024 participou no Rosalía en Camiño 2024 celebrado e Padrón e Santiago.[3]
Traxectoria
En 2019 publicou un volume coa súa obra recollida en Alegria para o fim do mundo, na colección Elogio da Sombra, coordinada por Valter Hugo Mãe, quen considera que «a obra de Andreia C. Faria figura entre as máis urxentes, magníficas, da poesía contemporánea».[4]
Un dos seus poemas foi incluído na antoloxía Os Cem Melhores Poemas Portugueses dos Últimos Cem Anos (2017), organizada polo xornalista e crítico literario José Mário Silva.
Obra
Premios e Recoñecementos
Recibiu o premio ao Mellor Libro de Poesía nos Premios Autores 2018 da SPA - Sociedade Portuguesa de Autores coa obra Tão Bela Como Qualquer Rapaz. Este libro tamén foi incluído polo crítico e ensaísta António Guerreiro na lista dos mellores libros de poesía do ano 2017 do xornal Público.[8]
Foi galardoada co Premio Literario da Fundación Inês de Castro 2019 polo seu libro Alegría para o fim do mundo.[9]
En 2022 recibiu o Premio PEN Clube Português de Poesia pola súa obra Canina.
Notas