Anders Jahan Retzius Retrato de Retzius na capa dun dos seus librosNacemento 3 de outubro de 1742 Kristianstad , condado de Escania , Suecia Morte 6 de outubro de 1821 Estocolmo Lugar de sepultura Solna cemetery (en) , SO 03 128 Residencia Suecia País de nacionalidade sueca Educación Universidade de Lund Campo de traballo Botánica , Micoloxía , zooloxía , química e xeoloxía Ocupación químico , farmacéutico , botánico , entomólogo , cadedrático de Universidade Empregador Universidade de Lund Membro de Alumnos Karl Adolf Agardh , Sven Nilsson , Carl Fredrik Fallén e Johan Wilhelm Zetterstedt (pt) Lingua sueco , latín Abreviación dun autor en botánica Retz. Abreviatura do autor en zooloxía Retzius Cónxuxe Ulrica Beata Prytz Fillos Magnus Kristian Retzius , Anders Adolph Retzius . Irmáns Magnus Retzius Parentes Gustaf Retzius , son's son Descrito pola fonte Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Obálky knih ,
Anders Jahan Retzius , tamén coñecido como Anders Retzius , nado o 3 de outubro de 1742 en Kristianstad , condado de Escania , Suecia , e finado o 6 de outubro de 1821 en Estocolmo , foi un naturalista (químico , botánico e entomólogo ) e cadedrático de Universidade sueco .[ 1]
Traxectoria
Retzius matriculouse na Universidade de Lund en 1758 , obtendo o título de Philosophia Magister (Mestrado en Filosofía) 1766 . Tamén recibiu fomación en farmacia . En 1766 obtivo un posto de docente de Química , e, en 1767 , de Historia natural . Dez anos máis tarde (1717) obtivo o cargo de profesor extraordinario de Historia Natural, ocupando entónces distintas cátedras consagradas a esta disciplina, e ás de Economía e de Química até a súa xubilación en 1812 .
Anders Jahan Retzius describiu numerosas especies de insectos e realizou importantes traballos sobre a súa clasificación científica . En 1782 Retzius foi elixido membro da Real Academia de Ciencias de Suecia. Foi tamén membro da Academia Leopoldina alemá, e da Accademia delle Scienze di Torino .
Casou con Ulrica Beata Prytz coa que tivo dous fillos,[ 1] Magnus Kristian Retzius, e o médico e biólogo Anders Adolph Retzius (1796-1860),[ 2] e o avó do tamén biólogo Gustaf Retzius (1842-1919). Entre os seus alumnos de cómpre citar ao botánico Carl Adolph Agardh (1785-1859), o zoólogo e arqueólogo Sven Nilsson (1787-1883), o botánico e entomólogo Carl Frederick Fallén (1764-1830) e o entomólogo Johan Wilhelm Zetterstedt (1785-1874). Exerceu tamén unha grande influencia sobre o botánico Elias Magnus Fries (1794-1878), que chegou a Lund cando Retzius era xa vello.
Obras principais
Busto de Anders Retzius diante do edificio principal da Universidade de Lund .
Primae Lineae pharmaciae: in usum praelectionum Suecico idiomate . Dieterich, Gottingae 1771 Biblioteca da Univ. de Düsseldorf
Inledning till djurriket (1772)
Observationes botanicae (Leipzig 1778-1791)
Genera et species insectorum, e generosissimi auctoris scriptis extraxit, digessit, quoad portem reddidit, et terminologiam insectorum Linneanam addidit (1783)
Lectiones publicae de vermibus intestinalibus (1784)
Florae Scandinaviae prodromus (2 vols. 1779)
Försök till mineralrikets uppställning (1795)
Underrättelse om sättet at bygga stamp-hus eller beqwäma och oförbränneliga hus af jord eller lera. Af K. H. Seidelin. Öfwersättning med företal af Anders Jahan Retzius . (Lund, 1798)
Faunae Sueciae a Linné inchoatae pars I (Leipzig, 1800)
Försök till en flora oeconomica (2 vol., 1806-1807)
Flora Virgiliana eller Försök at utreda de wäxter som anföras uti P. Virgilii Maronis Eclogæ, Georgica och Æneides jämte bihang om romarnes matwäxter af Anders Jahan Retzius (Lund, 1809)
Epónimos
Xénero
Especies
Abreviaturas
Botánica
A abreviatura Retz. emprégase para indicar a Anders Jahan Retzius como autoridade na descripión e clasificación científica en botánica .
Zooloxía
A abreviatura Retzius emprégase para recoñecer a Anders Jahan Retzius como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía .
Notas
↑ 1,0 1,1 Anders Jahan Retzius en Svenskt biografiskt lexikon (SBL), 6599. (Dicionairio biográfico sueco) (en sueco ) .
↑ Anders A. Retzius en Svenskt biografiskt lexikon (SBL), 6598. (Dicionairio biográfico sueco) (en sueco ) .
↑ in Phys. Sallsk. Handl. Stockh. i. 1776 I. 55. t. 1 (IK)
↑ Good Book 59. 1840 [Jan 1840] ; cf. Amer. Midl. Nat. 3: Append. 1913 vide Merrill, Ind. Rafin. 183 1949 (IK)
↑ Nov. 1819; ex ej. Summ. Veg. Scand. 535 (IK)
↑ Consp. Fl. Eur. 1: 33 1878 (IK)
↑ Encycl. [J. Lamarck & al.] 7: 255 1806 (IK)
↑ Rep. (Annual) Missouri Bot. Gard. 4: 74 1893 (GCI)
↑ Taxon viii. 29t 1959 (IK)
↑ Syst. Veg. (ed. 16) [Sprengel] 2: 136 1825 (IK)
↑ Syn. Hesper. 41 (IK)
↑ Bull. Soc. Bot. France 97: 219 1951 (IK)
↑ Sylva Tellur. 21 1838 (IK)
Véxase tamén
Bibliografía
Retzius (Andreas Jahannes) . En: Johann Emanuel Wikström: Conspectus Litteraturae Botanicae in Suecia. Norstedt et Filii, 1831, pp. 214–221.
Gunnar Eriksson: Anders Jahan Retzius. En: Svenskt biografiskt lexikon. Vol. 30, 1998, p. 1. (sok.riksarkivet.se ).
Ligazóns externas