†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
O ananás[1] (pronunciación (axuda·info)) ou piña[2] (Ananas comosus), é unha planta tropical da familia bromoliaceae orixinaria do Brasil, Bolivia e Paraguai. Cultívase polo seu saboroso froito: o ananás ou piña. A palabra ananás procede do tupí e significa froito excelente, mentres que se denomina tamén piña por recordar o seu froito ó do piñeiro.
A planta ten 30 ou máis follas espiñentas e acabadas en punta arrodeando un talo groso. Os seus polinizadores naturais son os colibrís.
Os holandeses foron os primeiros en cultivalos en Europa no século XVII e os portugueses levaron o seu cultivo á India e Xava, propagándose por toda Asia Oriental. En Hawai introdúcese en 1790, e hoxe é o principal produtor do mundo.