An tOileánach (en lingua galega O Insular) é un libro obra do escritor irlandés Tomás Ó Criomhthain. Foi rematado en 1923 e publicado en 1929. Está considerado como unha das mellores obras en lingua irlandesa e reflicte moi ben a forma de vida das persoas que antigamente vivían na xa abandonada Illa de Gran Blasket. Tamén é interesante dende o punto de vista lingüístico, pois amosa o xeito de falar tradicional dos habitantes das illas Blasket.