Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Un exame xeral dos ouriños, tamén chamado análise de urina, consiste nunha serie de exames efectuados sobre os ouriños, constituíndo un dos métodos máis comúns de diagnóstico médico.[1][2] Un exame completo consta de varias determinacións: un exame macroscópico, un exame físico-químico, un exame microscópico e, se fose preciso, un urocultivo.[3] A análise física-químico pódese efectuar mediante tiras reactivas cuxos resultados se len de acordo ós cambios de cor.
Antecedentes
Xa na antigüidade era común o diagnóstico de doenzas con base na observación dos ouriños. O método, denominado uroscopia, baseado na observación das propiedades organolépticas dos ouriños foi descrito por Galeno e a súa aplicación tivo lugar por moitos séculos no contexto da teoría do catro humores apoiada por Hipócrates.
Aínda que a tecnoloxía de análise química cualitativa e cuantitativa permitiu dende finais do século XIX a superación do método uroscópico, as propiedades organolépticas, tipicamente cheiro e cor, permiten aínda un diagnóstico inmediato de numerosas enfermidades.
Cor
Os ouriños son de cor amarela clara e en función da súa concentración pode adoptar unha coloración amarela clara, se está diluída, e amarela escura, se está concentrada; porén, pode ter unha aparencia turbia se nela existen células ou cristais. Se o paciente está a tomar certos medicamentos, os ouriños poderían ser tinguidos por eles.[4]
Intoxicación por fenol, infección por especies de Pseudomonas, trastornos de absorción de triptofano (usualmente congénitos), metahemoglobinuria, biliverdina.
Algunhas vitaminas, nitrofuranos, azul de metileno.