Amy Schimmelman, nada en Arlington Heights, Illinois, é unha música intérprete de trompa estadounidense.
Traxectoria
Amy Schimmelman fixo os seus estudos medios no Prospect High School de Mount Prospect, Illinois, e os superiores na Universidade do Norte de Illinois.
Trasladouse á Coruña para traballar na recentemente formada Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), na que ocupa o posto de trompa coprincipal.[1]
Vida familiar
Amy Schimmelman estivo casada co trombonista da OSG Petur Eiriksson até o falecemento deste o 8 de marzo de 2019.[2][3] O matrimonio tivo tres fillos: Jakob, Isak e Evan.
Notas