Amazonis Planitia

Arcadia Planitia
Mapa topográfico de Amazonis Planitia.
Tipo de accidente xeolóxico Planitia
Rexión de Marte
Diámetro medio 2.372,21 km[1]
Altitude ?
Coordenadas 22,85° N 196,94° E[1]
Procedencia do nome nome dun antigo accidente xeolóxico.[1]

Amazonis Planitia é unha das planicies máis suaves de Marte. Amazonis está situada entre Arcadia Planitia que queda ó norte, Elysium Planitia que fica ó oeste, ó sur pódese atopar Terra Sirenum e o leste está a rexión de Tharsis co inmenso Olympus Mons como primeira referencia, localízase sobre as súas coordenadas centrais que son 22,85° N 196,94° E[1], a planitia ten un diámetro medio de 2.372,21 km,[1] e presenta un relevo moi suave, así coma uns accidentes xeolóxicos moi suaves, redondeados e moi erosionados, ademais dunhas variacións de altitude extremadamente suaves.[2]

O seu nome deriva dun antigo accidente xeolóxico, que á súa vez fai referencia ás Amazonas, a mítica raza de mulleres guerreiras.

Idade, características e composición

Con só 100 millóns de anos de idade, é unha das poucas planicies que posúen capas sedimentarias que impiden a observación do terreo marciano, a súa composición asemellase moito a que podemos atopar na superficie de Islandia. Formada por grandes coladas de lava que fluíron libremente ó longo das chairas da planicie, Amazonis foi descrita por William Hartmann coma "un deserto volcánico de po brillante con moitos regueiros e coladas de lava de aparencia recente."[3]

Amazonis converteuse nun dos focos principais de investigación do planeta vermello. Este interese baséase na particular composición da planitia e na súa idade relativamente nova se a comparamos con outras rexións de Marte, as cales teñen centos de millóns de anos de idade.[3] Hartman indica que esta planicie ten moitas semellanzas con Islandia, con patróns de fendas e fracturas con forma de arañeira, que separan anacos de terreo plano coma se fosen anacos de pratos rotos, estas formas son producidas tanto en Islandia coma en Amazonis por coladas de lava que cobren as superficies cunha capa fina de lava endurecida.[3]

Ironicamente, nos tempos en que a Época Amazónica recibiu o seu nome, facendo referencia á esta planitia, tódolos investigadores pensaban incorrectamente que Amazonis Planitia era o expoñente representativo de tódalas planicies marcianas, así como pensaban que a planicie se formara nesa época. Pero, nas dúas últimas décadas, os investigadores chegaron a conclusión de que está planitia é recente e que a súa extremada suavidade a fai dela unha área particularmente distinguible respecto da súa veciñanza e doutras planicies do hemisferio norte marciano. É moi posible que esta planicie posuíse xa características particulares cando Marte estivo baixo a acción da auga.[2] Aínda que non se ten determinado con exactitude a idade de Amazonis, a súa natureza (p.ex. a ausencia de rochas sedimentarias) xa ten proporcionado evidencias de que esta área será un lugar que proporcionará moitos descubrimentos futuros e foi proposta coma lugar de aterraxe para novas sondas da NASA.[3]

Planicie elevada sobre os materiais de Medusae Fossae e os seus outeiros illados, fotografía da HiRISE. Os outeiros formáronse pola interacción da lava e o xeo de auga. As ondas son o resultadas da lava que se foi arrefriando preto dunha fonte de vapor.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Planetary Names: Planitia, planitiae: Amazonis Planitia on Mars". Consultado o 22-04-2012. 
  2. 2,0 2,1 E. R. Fuller and J. W. Head, III, "GEOLOGIC HISTORY OF THE SMOOTHEST PLAINS ON MARS (AMAZONIS PLANITIA) AND ASTROBIOLOGICAL IMPLICATIONS." Lunar and Planetary Science XXXIII (2002). URL accessed 19 April 2006.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Hartmann, William. A Traveler's Guide to Mars: The Mysterious Landscapes of the Red Planet. Workman Publishing: New York, 2003. páx: 275, 286-287

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!