A Rexión do Amazonas é unha das 25 rexións administrativas que integran o territorio peruano.[1] Está situada ao norte do Perú. Fai fronteira con Ecuador ao norte e limita cos departamentos de Cajamarca ao oeste, con La Libertad e San Martín ao sur e con Loreto ao leste. A capital é a cidade de Chachapoyas.
Ten unha superficie de 35.249,13 km². A poboación total é de 428.095 habitantes, e a densidade 10,91/km². Os idiomas falados son o español, o quechua, o awayún e o huambisa. Está cuberta por vexetación de bosque ecuatorial ao norte até a fronteira con Ecuador, e por montañas (sierras) ao sur. O río Marañón é o seu principal río.
Historia
Creouse como departamento en 1931 e ten os seus límites actuais desde o 4 de xullo de 1991. Foi convertida en rexión en 2002.