No ano 2004 White-Gluz formou o grupo The Agonist xunto a Danny Marino e Chris Kells en Montreal,[3] asinando posteriormente co selo Century Media Records e gravando tres álbums musicais de estudio.
Arch Enemy
O 17 de marzo de 2014 Arch Enemy anunciou por medio dun comunicado de prensa que White-Gluz sería a substituta da anterior vocalista Angela Gossow.[4] White-Gluz publicou unha mensaxe na súa páxina de Facebook dicindo que deixara o seu anterior grupo The Agonist, e que Vicky Psarakis sería a nova vocalista do mesmo.[5] Posteriormente en agosto do 2015, White-Gluz afirmou nunha entrevista que os restantes membros de The Agonist foran os que a botaran do grupo.[6]