Alexandra Pavelková, nada o 25 de agosto de 1966 en Zvolen, é unha escritora eslovaca de ficción científica e fantasía.
Traxectoria
Deuse a coñecer en 1995 co relato Horalka (Montañés) e desde entón leva publicado 7 libros e ducias de relatos e artigos de crítica literaria e cinematográfica. A súa primeira novela foi Piesok vo vetre (Area no vento) en 1999.