Como socio do seu irmán, Alexander ocupouse do desenvolvemento da reputación literaria da compañía mentres que Daniel se encargaba das cuestións máis burocráticas.
A empresa, chamada orixinariamente Macmillan& Co., comezou sendo unha exitosa libraría en Cambridge, aínda que axiña os irmáns se decidiron a publicar os seus propios libros á parte de vendelos. Logo da morte de Daniel en 1857, Alexander continuou dirixindo a empresa en solitario; expandiuna internacionalmente, asinou un acordo de difusión con Oxford University Press e comezou coa publicación de revistas, entre as que cómpre salientar Nature, a revista científica máis prestixiosa. Macmillan encargoulle ao editor George Edward Brett para establecer a súa oficina en Nova York en agosto 1869 e contratou a compañía norteamericanaMessrs. Pott & Amery para encargarse da mercadotecnia e a distribución dos libros da editorial.[3]