Alberto SolísNome orixinal | Alberto Solís Gómez |
---|
|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1998 (26 anos) |
---|
Altura | 1,78 m. |
---|
|
Ocupación | futbolista |
---|
Deporte | fútbol |
---|
Posición de xogo | Centrocampista |
---|
Alberto Solís Gómez, nado en Tomares o 1 de xaneiro de 1998, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no FC Andorra, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
Formouse como futbolista na canteira do Sevilla, chegando a ser internacional con selección española sub-16. No verán de 2015 fichou polo xuvenil do Celta de Vigo, co que xogou dous anos na División de Honra.[1] Na tempada 2016/17 debutou co filial celeste, o Celta B, na primeira xornada da Segunda División B, ante o Mutilvera. No verán de 2017 renovou o seu contrato co club vigués, pero en outubro sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, lesión que o afastou dos terreos de xogo durante sete meses.[2] Reapareceu na tempada seguinte, converténdose nun dos futbolistas importantes do filial, co que xogou 31 partidos, marcando dous goles.
No verán de 2019 foi convocado por Fran Escribá para realizar a pretempada co primeiro equipo do Celta, xunto a outros oito xuvenís. Continuou un ano máis no filial, disputando 18 partidos e anotando 4 goles, ata que a pandemia de COVID-19 paralizou o fútbol do país. No verán de 2020 debutou co primeiro equipo céltico nun amigable ante o Oviedo, da man de Óscar García Junyent, pero non tivo oportunidades en partidos oficiais. En decembro volveu sufrir outra lesión, aínda que acabou sendo unha peza importante do Celta B que disputou a promoción de ascenso a Segunda División.
No verán de 2021 puxo fin a súa etapa en Vigo tras seis tempadas, nas que disputou 78 partidos co filial, marcando 11 goles.[1] En agosto de 2021 fichou pola Cultural Leonesa, da nova Primeira División RFEF.[3] Xogou 69 partidos nos seus dous anos en León, anotando 11 goles.. Para a campaña 2023/24 asinou como novo xogador do Real Unión, adestrado polo galego Fran Justo.[4] Indiscutible no conxunto irundarra, disputou como titular as 38 xornadas de liga e foi o máximo goleador do equipo xunto ao galego Antón Escobar, con 12 goles cada un.
En xuño de 2024 asinou como novo xogador do Andorra, equipo que viña de descender á Primeira RFEF.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas