Julio Alberto Ferreira Medeiros, coñecido como Alberto Medeiros, nado na Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas) o 20 de decembro de 1989, é un actor galego de televisión e teatro.
Traxectoria
O seu primeiro contacto coas artes do espectáculo tívoo de neno, xogando no Circo dos Muchachos.[1] Fixo o bacharelato de Artes no IES As Lagoas de Ourense e logo graduouse en Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, e mais en trompeta no Conservatorio de música de Ourense.
Os seus inicios como actor de teatro estiveron vinculados ao teatro universitario de Ourense (con xente como Fernando Dacosta ou Fina Calleja) e onde chegou a coordinar a Mostra Internacional de Teatro Universitario[1]; e posteriormente ao grupo de teatro da Escola Superior de Arte Dramática, con Afonso Becerra ou Chiqui Pereira. Ao mesmo tempo participou en distintas curtametraxes (dirixido por Dani de la Torre e Alberto de la Torre entre outros) e mais como actor en anuncios de publicidade.[2]
O seu primeiro papel de éxito chegoulle en 2019, cando participou na serie de televisión La unidad (primeira tempada), dirixido por Daniel de la Torre, onde recuncou na segunda tempada (2021).
Tamén nese 2021 representou en teatro 'Semente de Nós', co grupo Sarabela, o seu espectáculo de maior transcendencia.[3] ata a data, e mais rodou a súa primeira longametraxe, 'El cuarto de la mona', de Darío Autrán.[2]
Obra escollida
Teatro
Televisión
Cinema
Notas