O albaricoque é o froito do albaricoqueiro (Prunus armeniaca). É unha drupa arrendondeada e aveludada, co óso liso e duro, a súa cor varía do amarelo ao laranxa.
Distribución
Orixinaria do nordés da China, preto da fronteira con Rusia e non de Armenia como indica o nome científico. Os romanos levárono a Europa por Anatolia ó redor do ano 70 antes de Cristo denominándoo a preaecox pois florecía temperán na primavera. A comezos do século XXI o 85 % dos albaricoques secos prodúcense en Turquía. Na Península Ibérica valóranse especialmente os producidos na vila de Bornos (provincia de Cádiz).
Produción en milleiros de toneladas. Cifras 2003 Datos de FAOSTAT (FAO)