perpiaño: sistema que consiste en xuntar pedras de formas regulares, normalmente paralelepípedos;
Noutras linguas distintas do galego, a clasificación da albanelaría (masonry, en inglés) faise en función de se as pedras que se xuntan levan morteiro (brickwork) ou non (dry stone), aínda que manteñen un expresión para o traballo que se fai nunha soa peza (stone masonry).
Os distintos sistemas de cantaría teñen unha longa tradición na arquitectura popular galega. Dende os cruceiros ou a catedral de Santiago ata as murallas dos castros ou os simples muros de pedra, a arquitectura tradicional leva séculos construíndo obras rechamantes pola súa funcionalidade, importancia ou beleza.
Nomenclatura
As caras que conforman unha peza de perpiaño segundo a súa posición no edificio teñen uns nomes moi específicos no léxico galego, que son:
paramento: é a cara que dá ó exterior;
sobreleito: é a base sobre a que se apoia a pedra por gravidade;
leito: é a cara oposta á base;
xuntas: son os laterais da peza que contactan con outras pedras;
extradorso[2]: é a cara que dá ó interior da construción;
Loxicamente, as formas irregulares da cachotaría impiden que se lle dean uns nomes estables para cadansúas caras. De tódolos xeitos, cómpre dicir que o perpiaño é unha técnica máis moderna cá cachotaría, e pode incluír distintas técnicas con dificultade gradualmente maior, o cal mesmo permite datar relativamente restos arqueolóxicos (por exemplo, no Castelo da Rocha Forte).