Aira Editorial é unha editorial galega, vinculada á libraría Aira das Letras, que opera dende Allariz dende a súa aparición na segunda metade do ano 2017[1].
Características
Entre a súa produción, hai libros de diversos xéneros: poesía, narrativa, ensaio e cómic.
As súas publicacións están destinadas tanto para o público adulto como para o infantil e xuvenil.
No seu catálogo figuran obras de autores galegos como Eva Moreda ou Manuel Veiga Taboada e foráneos como Kenji Miyazawa ou Mary Shelley[2].
O principal responsable da editorial é César Lorenzo Gil, con Miguel Robledo na dirección de arte e Miguel Mosquera na técnica.[3].
Notas