Ageo (上尾市, あげおし, Ageo-shi) é un concello da prefectura de Saitama no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e no centro-leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 45,55 km² de superficie, unha poboación de 223 224 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4 900 h/km².