Aeroporto de Sá Carneiro
O aeroporto Francisco Sá Carneiro ou aeroporto internacional do Porto (código IATA: OPO; código ICAO: LPPR) localízase no Grande Porto, na zona de confluencia entre os concellos de Maia, Matosinhos e Vila do Conde, en Portugal.
O aeroporto foi inaugurado en 1945 e substancialmente mellorado en 2003. Actualmente é administrado pola empresa ANA - Aeroportos de Portugal, SA e ten unha capacidade para 6 millóns de pasaxeiros/ano. En 2006 recibiu 3 402 893 pasaxeiros, 2 600 toneladas de carga e 4 120 voos.
É, en termos de movementos e pasaxeiros, o terceiro aeroporto portugués despois do aeroporto de Lisboa e do aeroporto de Faro. Mesmo así, ten testemuñado un incremento progresivo das súas ligazóns, froito do aumento das operacións das compañías de baixo custo, en concreto da compañía Ryanair.
O aeroporto está constituído por unha pista 17/35 con 3 480 m de longo e 45 m de ancho.
Prevese que no futuro o aeroporto poida ser ampliado cara ao sur cunha nova terminal que permitirá mellorar os servizos do aeroporto cando este supere os 5 millóns de pasaxeiros. Tamén está previsto, para mediados de 2009, o inicio da construción dunha nova pista, servindo a actual como pista de rodadura.
Aeroliñas e destinos
Pasaxeiros
Aeroliñas |
Destinos
|
Aegean Airlines |
Estacional: Atenas
|
Aigle Azur |
París-Orly
|
Air Algerie |
Estacional: Alxer
|
Air Canada Rouge |
Estacional: Toronto-Pearson
|
Air Europa |
Madrid
|
Air France |
Estacional: París-Charles de Gaulle
|
Air Transat |
Toronto-Pearson Estacional: Montreal-Trudeau
|
Arkia |
Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion
|
Azores Airlines |
Ponta Delgada
|
British Airways |
Londres-Gatwick
|
Brussels Airlines |
Estacional: Bruxelas
|
Czech Airlines |
Estacional: Praga
|
easyJet |
Bristol, Funchal, Londres-Gatwick, Londres-Luton, Luxemburgo, Lión, Manchester, Nantes, París-Charles de Gaulle, Stuttgart, Tolosa
|
easyJet Switzerland |
Basilea-Mulhouse, Xenebra
|
Eurowings |
Estacional: Düsseldorf
|
Eurowings |
Estacional: Múnic
|
Eurowings operado por Eurowings Europe |
Estacional: Viena
|
Iberia operado por Air Nostrum |
Madrid Estacional: Menorca
|
KLM |
Ámsterdam
|
Lufthansa |
Frankfurt, Múnic
|
Luxair |
Luxemburgo
|
Royal Air Maroc |
Casablanca
|
Ryanair |
Barcelona, Beauvais, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Birmingham, Bordeos, Bruxelas, Châlons-Vatry, Charleroi, Colonia/Bonn, Copenhague, Dole, Dortmund, Dublín, Edimburgo, Eindhoven, Faro, Frankfurt,[2] Hahn, Hamburgo, Karlsruhe/Baden-Baden, Cracovia, Lisboa, Lille (remata en novembro de 2017), Liverpool, Londres-Stansted, Lorient, Luxemburgo, Madrid, Malta (comeza en marzo de 2018), Marsella, Memmingen, Milán-Malpensa, Nápoles (comeza en outubro de 2017), Nürnberg, Ponta Delgada, Roma-Ciampino, Saint-Étienne, Estrasburgo, Tenerife-Sur, Terceira, Tours, Valencia, Varsovia-Modlin, Weeze Estacional: Boloña, Bremen, Carcasona, Clermont-Ferrand, Gran Canaria, La Rochelle, Palma de Mallorca
|
Sun D'Or operado por El Al |
Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion
|
Swiss International Air Lines |
Xenebra, Zürich
|
TAAG Linhas Aéreas de Angola |
Luanda
|
TAP Portugal |
Funchal, Xenebra, Londres-Gatwick, Luxemburgo, Newark, París-Orly, Río de Janeiro-Galeão, São Paulo-Guarulhos Chárter estacional: Porto Santo,[3] Almería,[4] Agadir[5]
|
TAP Portugal operado por TAP Express |
Ámsterdam, Lisboa, Londres-Gatwick, Madrid, Zürich
|
Transavia |
Ámsterdam
|
Transavia France |
Funchal, Lión, Nantes, París-Orly
|
Turkish Airlines |
Istanbul-Atatürk
|
United Airlines |
Estacional: Newark (comeza en maio de 2018)[6]
|
Vueling |
Ámsterdam, Barcelona, París-Orly, Zürich
|
Wizz Air |
Budapest, Varsovia-Chopin, Wrocław (comeza en marzo de 2018)
|
Carga
Accesos
O aeroporto, outrora precario e con malas comunicacións, é hoxe considerado un dos mellores aeroportos europeos, enlazado con novas autoestradas e con infraestrutura, dentro do aeroporto, do Metro do Porto ligándoo directamente co centro da cidade do Porto, cos trens de velocidade elevada (Campanhã) e co estadio de fútbol do Dragão e, facendo transbordo, con outros centros urbanos do Grande Porto: Póvoa de Varzim e Vila do Conde (Liña B, estación Verdes); Maia (Liña C, estación Fonte do Cuco); Matosinhos (Liña A, estación Senhora da Hora); e Vila Nova de Gaia (Liña D, estación Trindade). Taxis e os autocares dos STCP complementan a conexión do aeroporto coa cidade do Porto.
Dende Galicia hai ligazóns regulares ao aeroporto do Porto en autocares dende A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo (ida e volta) dúas veces ao día, nos días laborables, e unha vez ao día, nos fins de semana.
Premios
O aeroporto do Porto ten sido recoñecido internacionalmente pola calidade das súas instalacións e do seu servizo:
- En 2006 a "European Convention for Constructional Steelwork" (ECCS) distinguiu o terminal de pasaxeiros do aeroporto Sá Carneiro na categoría de mellor obra en aceiro, por ser un edificio que vence 80 metros de van a través do emprego de estruturas trianguladas [8].
- En 2007 foi considerado o terceiro mellor aeroporto de Europa (en termos absolutos) e o mesmo lugar a nivel mundial na categoría de menos de 5 millóns de pasaxeiros. A clasificación é da asociación internacional de aeroportos (ACI - Airports Council International) que mide a calidade dos servizos prestados en 90 aeroportos de todo o mundo, con base en enquisas sobre a satisfacción dos pasaxeiros[9].
Galería de fotos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|