Aeroporto de Molde, Årø Molde lufthavn, Årø
|
|
|
|
Sumario
|
Propietario
|
público
|
Operador
|
Avinor
|
Cidade/Illa
|
Molde
|
Localización
|
Årø
|
Elevación (msnm)
|
3 metros / 10 pés
|
Coordenadas
|
|
Web
|
avinor.no
|
Pista(s)
|
Dirección
|
Longo
|
Superficie
|
metros
|
pés
|
07/25
|
2 220
|
7 283
|
asfalto
|
Estatísticas (2014)
|
Pasaxeiros
|
481 406
|
O aeroporto de Molde, Årø (IATA: MOL, OACI: ENML) é un aeroporto internacional que serve á cidade norueguesa de Molde. Está situado en Årø, na ribeira do Moldefjord, a 5 quilómetros ao leste do centro de Molde. A área de captación do aeroporto cobre o distrito de Romsdal.
O aeroporto conta cunha única pista de 2 220 metros de longo e 45 de ancho, con aliñamento 07/25. É propiedade e está operado pola empresa estatal Avinor e durante o ano 2014 pasaron polas súas instalacións un total de 481 406 pasaxeiros.[1] Hai servizos regulares a Oslo operados por Scandinavian Airlines e Norwegian Air Shuttle, e a Bergen, Stord e Trondheim por Widerøe. Wizz Air voa a Gdańsk, o único servizo internacional regular, mentres que outras aeroliñas voan a destinos de lecer de forma estacional.
Aspropostas para un aeroporto que servise a Molde comezaron a discutirse en 1940, pero as cidades veciñas de Ålesund e Kristiansund finalmente tiveron prioridade. A construción das instalacións comezaron en 1969 e o aeroporto inaugurouse o 5 de abril de 1972. Braathens SAFE garantíu os servizos regulares, operados con Fokker F-27 e Fokker F-28, e posteriormente tamén polo máis grande Boeing 737. O goberno tomou o control da súa dirección en 1978.
Aeroliñas e destinos
Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas