Aeroporto de Leeds Bradford
O aeroporto de Leeds Bradford (IATA: LBA, ICAO: EGNM) é un aeroporto inglés situado en Yeadon, no distrito metropolitano da Cidade de Leeds en West Yorkshire, a 11 km ao noroeste do centro da cidade de Leeds.[1] Foi inaugurado en outubro de 1931 como aeródromo de Yeadon, e moitos habitantes da zona aínda lle seguen chamando así. Serve ás cidades de Leeds e Bradford, ademais da rexión máis ampla de Yorkshire que inclúe ás cidades de York e Wakefield.
O aeroporto opera a moitos destinos domésticos e europeos. Trátase do aeroporto inglés que se atopa a maior altitude, estando a 208 metros sobre o nivel do mar. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 3 612 117 pasaxeiros, sendo o 15º aeroporto máis concorrido do Reino Unido.[2] É base para Jet2.com, Monarch Airlines e Ryanair, mentres que Thomson Airways utilízao estacionalmente como base.
Aeroliñas e destinos
Aeroliñas |
Destinos
|
Aer Lingus Regional operado por Stobart Air |
Dublín
|
Aurigny |
Estacional: Guernsey
|
BH Air |
Estacional: Burgas
|
British Airways |
Londres-Heathrow
|
Eastern Airways |
Aberdeen, Southampton (rematan en outubro de 2017)
|
Flybe |
Belfast-City, Düsseldorf (comeza en outubro de 2017),[3] Newquay
|
Flybe operado por Eastern Airways |
Aberdeen, Southampton (comezan en outubro de 2017)[4]
|
Jet2.com |
Alacant, Ámsterdam, Budapest, Düsseldorf (remata en outubro de 2017), Fuerteventura, Funchal, Gran Canaria, Lanzarote, Málaga, París-Charles de Gaulle, Tenerife-Sur Estacional: Almería, Antalya, Barcelona, Bergerac, Berlín-Schönefeld, Bodrum, Cefalonia, Copenhague, Corfú, Dalaman, Dubrovnik, Faro, Xenebra, Xirona, Grenoble, Heraclión, Eivisa, Jersey, Cos, Larnaca, Malta, Menorca, Murcia, Nápoles, Niza, Palma de Mallorca, Paphos, Pisa, Praga, Pula, Rodas, Reus, Roma-Fiumicino, Salzburgo, Split, Tesalónica, Verona, Venecia, Zante
|
KLM operado por KLM Cityhopper |
Ámsterdam
|
Ryanair |
Alacant, Bratislava, Dublín, Faro, Fuerteventura, Gdańsk, Gran Canaria, Cracovia, Lanzarote, Málaga, Malta, Murcia, Riga, Tenerife-Sur, Vilnius, Varsovia-Modlin, Wroclaw (comeza en outubro de 2017)[5] Estacional: Chania, Corfú, Xirona, Eivisa, Limoges, Montpellier, Palma de Mallorca, Pisa, Treviso
|
Thomas Cook Airlines |
Estacional: Alacant,[6] Antalya (comeza en maio de 2018), Dalaman (comeza en maio de 2018), Enfidha (comeza en maio de 2018),[7] Faro,[6] Larnaca (comeza en maio de 2018), Menorca (comeza en maio de 2018), Nápoles,[6] Palma de Mallorca (comeza en maio de 2018), Tenerife-Sur (comeza en maio de 2018)[7]
|
TUI Airways |
Tenerife-Sur Estacional: Burgas (comeza en maio de 2018),[8] Corfú, Faro,[9] Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca, Paphos, Rodas
|
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas
|
|