O aeroporto de Kärdla (IATA: KDL, OACI: EEKA) é un aeroporto estoniano situado a 13 quilómetros ao leste da cidade de Kärdla, na illa de Hiiumaa.
O aeroporto foi inaugurado en 1963. Durante os seguintes anos tivo a súa máxima actividade, con voos regulares cara Talín, Haapsalu, Vormsi, Kuressaare, Riga, Pärnu, Viljandi e Tartu, e voos chárter a Murmansk, Vilnius e Kaunas. No ano 1987 usaron o aeroporto 24 335 pasaxeiros, pero o tráfico aéreo descendeu dramaticamente tras a independencia de Estonia en 1991. En 1995 só 727 pasaxeiros viaxaron a través do aeroporto. Dende entón o tráfico foi incrementándose novamente e en 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 9 168 pasaxeiros.
O 23 de novembro de 2001 un avión procedende de Talín con 17 persoas a bordo esnafrouse na ruta a Kärdla, preto de Palade en Hiiumaa, a uns 2 quilómetros da pista. Dúas persoas morreron no accidente.[1]
Aeroliñas e destinos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas