Aeroporto José María Córdova

Aeroporto José María Córdova
Aeropuerto Internacional José María Córdova

IATA: MDE – ICAO: SKRG
Sumario
Operador AirPlan
Cidade/Illa Medellín
Localización Rionegro
Elevación (msnm) 2 142 metros / 7 027 pés
Coordenadas
Web aeropuertojosemariacordova.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19 3 557 11 483 pavimento
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 7 567 624[1]

O aeroporto internacional José María Córdova (IATA: MDEOACI: SKRG) é o segundo aeroporto máis grande de Colombia despois do aeroporto El Dorado de Bogotá en termos de infraestrutura e servizos. Está situado na cidade de Rionegro, a 45 minutos de Medellín.

É o principal centro de conexións para a aeroliña de baixo custo Viva Colombia. Ten voos internacionais cara Estados Unidos, Panamá, Costa Rica, O Salvador, Venezuela, Ecuador, Perú, México, Curaçao e España. Opera ademais voos domésticos á meirande parte das grandes cidades colombianas, como Bogotá, Cali, Barranquilla, Cartaxena, Santa Marta e a illa San Andrés. Tamén é un aeroporto importante para o tráfico de mercadorías, proporcionando transporte aéreo a moitos dos exportadores de flores do leste de Antioquia cara toda América e Europa.

Dende a súa inauguración en 1985 ata o ano 1990 a terminal tivo un gran movemento de carga e pasaxeiros, en gran parte debido ao peche do aeroporto Olaya Herrera, situado no centro de Medellín, durante ese tempo. Cando volveu a abrir o seu tráfico reducíuse. Poreén, dende o ano 1993 o tráfico incrementouse a un ritmo estable e tamén houbo un aumento no número de aeroliñas que operan no aeroporto, como American Airlines, LATAM, TACA ou Aerogal.

Aeroliñas e destinos

Pasaxeiros

Aeroliñas Destinos
Aeroméxico Cidade de México
Air Panama Cidade de Panamá-Albrook
American Airlines Miami
Avianca Barranquilla, Bogotá, Bucaramanga, Cali, Cartaxena de Indias, Cúcuta, Madrid, Miami, Montería, Nova York-JFK, San Andrés, Santa Marta
Avianca El Salvador San Salvador
Avianca Peru Lima
Avior Airlines Valencia (VE)
Copa Airlines Colombia Cidade de Panamá-Tocumen
Iberia Madrid
JetBlue Airways Fort Lauderdale
LATAM Colombia Bogotá, Cartaxena de Indias, San Andrés, Santa Marta
Spirit Airlines Fort Lauderdale
Viva Colombia Barranquilla, Bogotá, Cartaxena de Indias, Miami, Monteria, Panama City-Balboa, San Andrés, Santa Marta
Wingo Cidade de Panamá-Balboa

Notas

  1. Airplan (ed.). "Airplan en cifras". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!