Chámase acuariofilia á afección pola cría de peixes e pola reprodución fiel dun ecosistema natural acuático. Parece ser que se orixinou na China sobre o ano 950, aínda que xa os romanos criaban carpas en grandes viveiros, pero estes non trataban de imitar a contorna natural e non perseguían fins estéticos. Sobre o ano 1750 introduciuse en Europa.
Ata principios do século XX a acuariofilia fundamentalmente tiña un propósito científico, e é entón cando aparecen os primeiros acuarios e a afección ós mesmos como pasatempo e entretemento.
Perfeccionouse a técnica e resolvéronse os problemas de temperatura en acuarios tropicais e nos de oxigenación e filtración. Sobre os anos 1930 o acuario xa era obxecto de decoración nalgúns fogares e lugares públicos.
Desde os seus comezos, o número de especies comercializadas foi en aumento, e hoxe en día ata se desenvolveron modificacións xenéticas en certos individuos para facelos máis atractivos visualmente.
O principio básico da acuariofilia é a recreación dunha contorna natural real, con especies autóctonas e augas con similares propiedades físicas e químicas.
Especies máis utilizadas
Auga doce
Auga salgada