A Academia de Artes Escénicas de Praga (en checoAkademie múzických umění v Praze) é unha universidade destinada ao estudo das diferentes artes interpretativas situada na cidade de Praga (República Checa). As especialidades presentes na universidade son música, danza, teatro, cine, televisión e estudos multimedia.
Historia
Foi fundada en 1945 polo impulso de numerosos artistas checos coñecidos como a primeira escola de arte en Checoslovaquia, a Academia converteuse rapidamente nunha prestixiosa escola[1].
A Academia de Artes Performativas conta na actualidade coas seguintes tres facultades:
Cinema e TV - FAMU
Facultade de Música (en checoHudební fakulta Akademie múzických umění v Praze) - HAMU
HAMU é unha escola de nivel profesional en Europa. Está situada no centro histórico de Praga. Foi fundada en 1946 polo Presidente Eduard Beneš como unha das tres facultades da Academia de Artes Performativas.