Abu Ghraib (أبو غريب en árabe) é unha cidade de Iraq, localizada a 20 km ao oeste de Bagdad. Ten entre 750 000 e 1 500 000 habitantes. En 1944 creouse o distrito de Abu Ghraid.
Na cidade está o Presidio de Abu Ghraib, tristemente famoso polas torturas e vexacións aí perpetradas, primeiro polo réxime de Saddam Hussein e logo polo exército americano, denunciadas en primeiro lugar por Joseph Darby.