A presa (en inglés: The Hunted) é un filme de acción dirixido por William Friedkin e protagonizado por Tommy Lee Jones e Benicio del Toro. Estreouse en galego na TVG o 1 de maio de 2008.[2]
Sinopse
O FBI investiga unha serie de asasinatos cometidos nun bosque. Un axente especializado en rastrexo (Tommy Lee Jones) captura ó asasino (Benicio del Toro), que resulta ser un soldado que estivo ás súas ordes en misións perigosas, pero que, tras unha experiencia traumática en Kosovo, adícase á caza de seres humanos. Cando o preso logra fuxir, comeza unha nova partida de caza.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas