A muller que camiña diante

A muller que camiña diante
Ficha técnica
Título orixinalWoman Walks Ahead
DirectorSusanna White
Produtor
GuiónSteven Knight
Intérpretes
MúsicaGeorge Fenton
FotografíaMike Eley
MontaxeLucia Zucchetti
Steven Rosenblum
Estudio
Distribuidora
EstreaFestival de Toronto: 10 de setembro de 2017
29 de xuño de 2018
Galicia 27 de setembro de 2022 (TVG)
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Orzamento5 millóns de dólares[1]
Recadación80 912 dólares[2][3]
Na rede
https://a24films.com/films/woman-walks-ahead
IMDB: tt5436228 Filmaffinity: 592519 Allocine: 244893 Rottentomatoes: m/woman_walks_ahead Mojo: womanwalksahead Editar o valor en Wikidata

A muller que camiña diante (en inglés: Woman Walks Ahead) é un filme estadounidense-británico de 2017 dirixido por Susanna White e escrito por Steven Knight. O filme conta a historia de Caroline Weldon (Jessica Chastain), unha retratista que viaxa dende a cidade de Nova York até territorio lakota para pintar un retrato de Touro Sentado (Michael Greyeyes) en 1890. Chaske Spencer e Sam Rockwell tamén forman parte do elenco.

O filme estreouse no Festival de Toronto o 10 de setembro de 2017. Estreouse a través de DirecTV Cinema o 31 de maio de 2018, antes de ter un lanzamento limitado nos cinemas o 29 de xuño de 2018 a través de A24. Estreouse en galego o 27 de setembro de 2022 a través da TVG.[4] A dobraxe en galego e castelán foi feita por SDI Media.[5][6]

Sinopse

Caroline Weldon, unha retratista suízo-estadounidense viaxa de Brooklyn a territorio indíxena na década de 1890 para pintar un retrato de Touro Sentado, e vese envolta na loita do pobo lakota polos dereitos da súa terra.[7]

Personaxes

Produción

O 3 de febreiro de 2016, informouse de que Jessica Chastain estaba en conversacións para interpretar á confidente de Touro Sentado no filme Woman Walks Ahead, dirixido por Susanna White.[8] O 14 de setembro de 2016, Michael Greyeyes, Sam Rockwell, Ciarán Hinds, Chaske Spencer e Bill Camp uníronse ao elenco, e a fotografía principal produciuse en Novo México.[9]

Notas

  1. Peele, Anna (6 de xuño de 2018). "How Jessica Chastain Emerged as a Leader for Gender Equality: "Your Silence Is Your Discrimination"". The Hollywood Reporter. Prometheus Global Media. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  2. "Woman Walks Ahead (2018)". Box Office Mojo. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  3. "Woman Walks Ahead". The Numbers. Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  4. AntRubal, ed. (27 de outubro de 2022). "A muller que camiña diante na TVG". Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  5. "Gonzalo Faílde - Ficha eldoblaje.com - Doblaje". www.eldoblaje.com. Consultado o 2024-03-17. 
  6. "La Mujer Que Camina Delante - Ficha eldoblaje.com - Doblaje". www.eldoblaje.com. Consultado o 2024-03-17. 
  7. Pollack, Eileen (2002). Woman Walking Ahead: In Search of Catherine Weldon and Sitting Bull. Albuquerque: University of New Mexico Press. ISBN 9781515965626. 
  8. Jaafar, Ali (3 de febreiro de 2016). "Jessica Chastain To Star In 'Woman Walks Ahead' With Susanna White Directing". Deadline Hollywood (Penske Business Media). Consultado o 17 de setembro de 2016. 
  9. Hipes, Patrick (14 de setembro de 2016). "Sam Rockwell, Michael Greyeyes & More Join Jessica Chastain In 'Woman Walks Ahead'". Deadline Hollywood (Penske Business Media). Consultado o 17 de setembro de 2016. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!