A aventura dos Ewoks (en inglés: Caravan of Courage: An Ewok Adventure; e orixinalmente estreado co título The Ewok Adventure) é un telefilme estadounidense de 1984. Baséase no universo da guerra das galaxias. É o primeiro filme dos dous spin-offs protagonizados polos ewoks de O retorno do Jedi. O filme, que está ambientado na lúa de Endor da liña argumental da serie animada pero antes dos eventos do Retorno do Jedi,[2] céntrase nos problemas de dous humanos, un irmán e unha irmá, ó tentaren localizar os seus pais que foron secuestrados por un monstro de nome Gorax.
Estreouse en galego o 16 de marzo de 1991 a través da TVG.[3]
Personaxes
- Warwick Davis como Wicket W. Warrick
- Aubree Miller como Cindel Towani
- Eric Walker como Mace Towani
- Fionnula Flanagan como Catarine Towani
- Guy Boyd como Jeremitt Towani
- Daniel Frishman como Deej
- Debbie Lee Carrington como Weechee
- Tony Cox como Widdle
- Kevin Thompson como Chukha-Trok
- Margarita Fernández como Kaink
- Pam Grizz como Shodu
- Bobby Bell como Logray
- Burl Ives como Narrador (voz)
- Darryl Henriques como Wicket (voz)
- Sydney Walker como Deej (voz)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas