A aventura do Poseidón é un filme estadounidense de 1972 dirixido por Ronald Neame, producido por Irwin Allen, e baseado na novela epónima de 1969 de Paul Gallico. Está protagonizado por Gene Hackman, Ernest Borgnine, Jack Albertson, Shelley Winters e Red Buttons.
Estreouse en galego o 30 de decembro de 1999 a través da TVG.[3]
Sinopse
Un transatlántico de luxo, o SS Poseidon, é alcanzado na véspera de Aninovo por unha onda xigantesca, facéndoo virar de cabeza para baixo. Un grupo de sobreviventes que está nun salón de baile dun nivel superior (mais que despois fica baixo a liña da auga) tenta escapar da embarcación liderados polo reverendo Frank Scott. Para iso, deben chegar á casa de máquinas que se localiza no casco do navío e durante o percorrido acaban enfrontando moitos perigos no navío inestábel que pode afundirse en calquera momento.
Personaxes
Notas
- ↑ Solomon, Aubrey. Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History (The Scarecrow Filmmakers Series). Lanham, Maryland: Scarecrow Press, 1989. ISBN 978-0-8108-4244-1. p256
- ↑ "Beyond the Poseidon Adventure (advertisement)". Variety: 7–10. 6 de setembro de 1978.
- ↑ La Voz de Galicia, 30 de decembro de 1999. Páx. 78
Véxase tamén
Ligazóns externas