Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Torre.
A Torre é un lugar da parroquia da Enfesta no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Esta preto da igrexa e ao lado da Aldea de Abaixo. Atópase a 320 m de altitude con respecto ao nivel do mar. Foi fundado en 1836.
Xeografía
Clima
A Torre ten un clima oceánico con temperaturas suaves no inverno e son cálidas no verán (con máximas en agosto). Ten unha temperatura media anual de 13,3 °C. As maiores temperaturas alcanzadas foron de 23 °C e as menores de 5 °C. En canto as precipitacións, estas son abundantes no inverno (con máximas en decembro) e moderadas no verán (con mínimos en xullo).
Biodiversidade
A paisaxe característica deste lugar ten plantas autóctonas: toxos, silvas, ortigas... Entre as árbores destacan os castiñeiros, os piñeiros, os carballos e os eucaliptos (de recente cultivo debido a que se sacan beneficios a partir da súa madeira). Entre os cultivos máis estendidos entre a poboación da Torre están: a pataca, o grelo, a naviza e o millo.
Galería de imaxes
-
Casa que foi restaurada a partir dunha antiga.
-
Climatoloxía da Sionlla.
-
Igrexa da Sionlla construída en 1923.
-
Foto do cruceiro da igrexa da Sionlla con flores.
-
Paisaxe típica da Sionlla con plantas autóctonas.
Lugares e parroquias
Lugares da Enfesta
Parroquias de Santiago de Compostela