Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Ramallosa.
San Pedro da Ramallosa é unha parroquia do concello de Nigrán. Segundo o IGE en 2013 tiña 4 817 habitantes (2 380 homes e 2 437 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4 129 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello, e está situada no sur do municipio.
Patrimonio
Até o século XIII recibiu o nome de San Pedro de Filgueira. Recibe o nome actual desde a construción da ponte da Ramallosa no estuario do río Miñor, que a conecta coa veciña parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (concello de Baiona).[2]
Destaca a gran cantidade de cruceiros espallados por toda a parroquia, así como a capela da San Campio.
Xeografía
Nesta parroquia atópase a desembocadura do río Miñor e a península de Monte Lourido. Eclesiasticamente, pertence ao arcipretado de Miñor.[3]
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de San Pedro da Ramallosa
Parroquias de Nigrán
Notas
Véxase tamén
Outros artigos