Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Malata.
A Malata é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña na comarca de Ferrol. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 128 habitantes (63 homes e 65 mulleres), 16 máis ca en 2004.
No lugar da Malata está boa parte do equipamento deportivo da cidade de Ferrol, co Estadio Municipal da Malata, polideportivo, pistas de fútbol sala, pista de atletismo, canchas de tenis e pádel e piscina de kaiak polo.
Lugares e parroquias
Lugares de Serantes
Parroquias de Ferrol