Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Lanzada.
A Lanzada é un lugar da parroquia de San Vicente do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 41 habitantes (18 mulleres e 23 homes), o que representa unha redución con respecto ó ano 2010, cando tiña 48 veciños, para case alcanzar a poboación que tiña en 2004, 40 veciños.
O lugar sitúase no extremo norte da praia da Lanzada. Nel érguese un antigo sanatorio antituberculoso, hoxe dedicado a campamento de vacacións da Deputación de Pontevedra.
O areal da Lanzada tamén puido desenvolver un rol importante durante a segunda guerra mundial coa preparación dun aeródromo alemán encuberto que non consta se chegou a ser empregado [1]. Hoxe, a pista deste aeroporto está reconvertida en aparcadoiro para os usuarios da praia da Lanzada.
Lugares e parroquias
Lugares de San Vicente do Grove
Parroquias do Grove
Notas
- ↑ Jesús María Reiriz Rey: "A Coruña y la II Guerra Mundial". no Anuario Brigantino, 2006 [1].